Salto á corda

RETO

Lía Enríquez de Primeiro proponnos os seguintes retos: Podes saltar á corda cos dous pés e dicir o abecedario? Podes saltar á corda, cambiando de pé, e dicir os días da semana? Mirade como fai Lía.

 

Se o consegues e queres demostrárnolo podes mandar o teu vídeo ao correo do mestre de Educación Física:  joselopezcasal11@gmail.com

Publicarémolo no blog para demostrarllo a todas e todos. Tamén podes propoñer novos retos coa corda ou con outro material.

Se non tes corda podes facela con distinto material, trapos, bufandas…no apartado RECURSOS DA ÁREA, tes un vídeo onde se mostra como facer unha corda con bolsas de plástico e tamén outro vídeo de exercicios para principiantes.

Lembra o que dixemos nas clases de Educación Física sobre cal debe ser a lonxitude da túa corda: poñendo os pés enriba dela os extremos deben quedar á altura das axilas. Anímate!!!

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.