Carreira de Orientación

O martes 24 de setembro membros do Club “Toxo Aventura e Natureza” achegáronse ao noso centro para explicarnos en que consisten e como se desenvolven as “Carreiras de Orientación”. Convidáronnos  a participar na que se celebrará en Silleda o sábado 28 deste  mes.

 

Benvidos/as ao curso 2019/2020

Benvidos/as ao novo curso!

As vacacións pasan rápido e xa nos volvemos  atopar. O curso 2019-20 acaba de comezar e vós xa estades facendo plans para que pase ( e sobre todo remate) do mellor xeito posible. Nós, os mestres/as, ímosvos a encher a cabeza estes días de normas, regulamentos, obxectivos, etc.

Desde a Área de Educación Física farei o mesmo, pero aproveito tamén para animarvos a comezar o curso con gañas, gústevos máis ou menos a actividade física. Quero que, ademais de traballar os contidos propios da materia, o pasedes o mellor posible, …iso si, traballando.

Vóuvolo poñer fácil, pero tamén quero advertirvos que teredes que suar, e nunca mellor dito..! Pídovos una actitude positiva cara a materia, a aptitude, cada un ou cada unha terá a que teña, non será determinante, pero NECESARIAMENTE ides ter que amosar unha ACTITUDE ACTIVA Y POSITIVA.

Ao longo do curso traballaremos uns contidos que vos van a gustar, outros quizais non tanto, pero farémolo posible (eu e máis vós) para acadalos  obxectivos.

Pídovos que naveguedes por este blog, que vaiades vendo o que hai en cada pestana, en cada lado da páxina. Ides usalo ao longo do curso, polo que debedes de coñecelo. 

Na clase dareivos moitos máis detalles e aclarareivos tódalas dúbidas.

Benvidos ao novo curso

O mestre de Educación Física

José