Recomendacións e recursos para tempos de recollida na casa

As planificación de rutinas semanais que se van a poñer a partires de agora neste espazo non están pensadas para un curso en concreto e,  ao mesmo tempo, están pensadas para todos eles. Que quere dicir isto?
O que falamos sempre nas clases de Educación Física, cada un temos un corpo e unhas “cualidades” e temos que aceptalo e coñecelo e non compararnos con ninguén, só con nós mesmos. Os límites de repeticións e intensidade poñédelos vós.
O que aquí se vai propoñer non é un traballo con intensidade e cargas físicas perfectamente detalladas (iso é cousa dos profesionais da preparación física) o que se pretende é educar a través do movemento e crear hábitos e estilos de vida saudábel, de fomentar unha actividade física que nestes intres máis que nunca resulta imprescindible.

 

Semana do 08 ao 12 de xuño

Semana do 01 ao 05 de xuño

Semana do 25 ao 29 de maio

Semana do 18 ao 22 de maio

Semana do 11 ao 15 de maio

Semana do 4 ao 8 de maio

Semana do 27 ao 30 de abril

Semana do 20 ao 24 de abril

Boas rapazas e rapaces, seguimos coas rutinas semanais

1º. Cada día antes de comezar é preciso facer un bo quecemento: afrouxamos cada unha das articulacións do noso corpo, movémonos e estiramos. No menú QUECEMENTO tedes distintos exercicios e vídeos para que poidades consultar,  hoxe déixovos dous vídeos o primeiro con algo de teoría e o segundo máis práctico

2. Facemos algo de exercicio, no menú PARTE PRINCIPAL tedes recursos, aquí vos queda unha sesión de cardio

3. Supoño que seguiredes practicando cos MALABARES  , eu superei o reto e espero demostrárvolo cun vídeo a vindeira semana. E non vos esquezades do PEÓN. 

4. Agora toca a VOLTA Á CALMA, xa vimos diferentes posturas de Ioga e agora imos tentar xuntalas no “Saúdo ao Sol”, no que esas posturas realízanse como un só exercicio continuo.

Para axudarvos a matar o tempo déixovos uns xoguetiños que podedes facer con rollas e que xa estaban no enlace de Xogos Tradicionais que vos deixei a primeira semana.

 

Semana do 14 ao 17 de abril

1º. Cada día antes de comezar é preciso facer un bo quecemento: afrouxamos cada unha das articulacións do noso corpo, movémonos e estiramos. No menú QUECEMENTO irei deixando distintos exercicios e vídeos para que poidades consultar, pero hoxe déixovos un vídeo ben gracioso para movervos un pouco antes de estirar.

 

2. Facemos algo de exercicio, no menú PARTE PRINCIPAL ireivos deixando recursos, hoxe toca baile e exercicios de cardio

 

 

3. A casa é un bo sitio para practicar cos MALABARES  e ao mellor podedes tamén usar un pouco o PEÓN.

4. Agora toca a VOLTA Á CALMA

Como imos ter moito tempo,  aquí vos deixo dous RECURSOS: un para fabricar materiais para os nosos xogos e outro un xogo de mesa onde en cada casilla hai que facer unha actividade que implica movemento

MóveteEF pero na casa

E para rematar botádelle unha ollada a este vídeo, ben seguro que vos gustará

Semana do 30 de marzo ao 3 de abril

Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria

Desde principio de curso sempre falamos que antes de comezar calquera actividade física é preciso facer un bo quecemento: afrouxamos, movémonos e estiramos. Gustoume moito este vídeo de  movemento articular. Nós empezamos de arriba para abaixo e no vídeo fano ao revés, NON IMPORTA, sempre vos dixen que iso só se fai para non esquecernos de ningunha articulación, dá o mesmo por onde empecemos. Recoméndovos que fagades estes exercicios antes de comezar, empezando por onde queirades!! pero a min paréceme que se esqueceron dalgunha articulación. Seguro que vós xa vos decatastes!!! Á volta comentámolo.

Xa afrouxamos, agora ímonos mover

Lembrade o que sempre vos digo nesta parte: carreira suave durante 3/4 minutos con cambios de direccións (adiante, atrás, lateral e con movemento doutras articulacións  -balanceos de brazos, cruce de pernas, elevación de xeonllos,….)

(*) Esta segunda fase do quecemento tamén pode ser sustituida por un xogo.

Aquí está o voso traballo: tedes que contarnos un xogo que podemos facer para esta fase do quecemento. Á volta da “cuarentena” ides ser vós quen llo expliquedes aos vosos compañeiros/as. Pincha na imaxe  para ver a ficha modelo dun xogo.

Estamos rematando o quecemento. Agora só nos queda estirar ben os músculos. Aquí vos queda unha ilustración de trece exercicios de estiramentos para traballar os principais grupos musculares do corpo, que xa temos practicado. A duración estimada de cada estiramento é de 20 segundos. Pinchando na imaxe podedes ver u vídeo duns bos estiramentos para antes ou despois de facer exercicio.

Para rematar este traballo sobre o quecemento tedes que cubrir unha ficha, seguindo o modelo que aparece  pinchando na imaxe de abaixo, para poñelo en práctica cos vosos compañeiros/as cando volvamos á escola.

E, para que practiquedes un pouquiño a coordinación óculo-manual, unha cualidade moi importante para os lanzamentos, recepcións e bote do balón, déixovos estes xogos 

 

Para o alumnado de 1º e 2º de Primaria

Pinchando na imaxe ides ver una ficha coas articulacións que movemos todos os días cando chegamos ao ximnasio ou ao pavillón. Sabedes colocar cada unha no seu sitio? (Non podedes escribir no arquivo) E sabedes como se chaman en galego?

 

Agora,  tócavos afrouxar cada unha desas articulacións. Xa sabedes como se fai!!! Polo menos 3 movementos con cada unha. Empezamos desde arriba cara abaixo

Movémonos. Seguide os consellos deste profe

 

Ao rematar mirade este video e seguide practicando a voltereta

 

Se tedes gañas podedes traballar un pouco con “Huesitos”,  para ver canto sabes do voso corpo

Para todas e todos

Aquí vos queda un vídeo con algunha coreografía para movervos un pouco. Á volta probámolo  xuntos. Ide practicando!!!

Gustaríavos ser áxiles coma os animais do mar? Neste vídeo podes aprender unhas posturas de Ioga que te axudaran a relaxarte de xeito distinto: a tartaruga, o cangrexo, a quenlla e a estrela de mar e así fortalecer os brazos e o lombo

 

 

 

Semana do 23 ao 27 de marzo

Ao remate destes días de reclusión obrogatoria na casa imos seguir co noso traballo: “Deportes adaptados”, “Habilidades con móbiles” e“Xogos predeportivos”, dependendo de cada curso. Tócanos coñecer o Minibasquet. Aquí vos deixo unhas fichas e algún xogo,  por se tedes gañas de ir adiantando traballo.

Para 5º e 6º de Primaria

Para 3º e 4º de Primaria

Para 1º e 2º de Primaria

SESIÓNS DE IOGA PARA 3, 4 E 5 ANOS

Sesión 1

Sesión 2

Moito do alumnado de 5º e  6º seguro que vos lembraredes destes movementos. Para todas e todos é un bo exercicio este ensaio dos pasos do Flashmob  que fixemos fai uns anos no noso centro e que estes días está colgado no Portal Educativo “Aulas Galegas”,  como unha actividade recomendada para tempos de recollida na casa. Despois de practicar,  podedes ver o resultado final da actuación que paralizou unha Feira de Bandeira do mes de maio do ano 2013. Flashmob

Recompilación de Xogos Tradicionais para espazos pequenos e para ser practicados por poucos participantes

 

Semana do 16 ao 20 de marzo

Para que os máis pequenos/as se movan un pouco

Actividades sobre o corpo humano para rapazas e rapaces de Infantil e 1º e 2º de Primaria

O esqueleto para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria

Os músculos do corpo para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria

Un corpo para toda a vida. Actividades para alumnado de 5º e 6º de Primaria

Ademais desas actividades recoméndovos que visualicedes o vídeo “O equipo pequeno” colgado neste blog e practiquedes algúns dos xogos interactivos.